O OUTRO LADO DA PANTALLA
Video-ensaio - Motion graphics, edición e montaxe
Este video-ensaio foi un proxecto de María Yáñez no que se propuxo elaborar unha crónica da historia da internet galega dende o inicio dos tempos dixitais. Ela encargouse de escribir o guion e eu de levalo a imaxes con total liberdade creativa. O outro lado da pantalla, ademais dunha ollada á biografía persoal de María e a súa actividade na rede, resultou nun mosaico de imaxes históricas, interfaces, banners, gifs e demais formas visuais históricas que produciu a internet primixenia (e a non tan primixenia).
No que ten que ver co deseño, a miña labor demandou unha investigación neste imaxinario e, en particular, nesta cápsula do tempo que é archive.org e axiña quedou claro que a peza tiña que recrear todos estes elementos e estilos dun xeito, se cadra, enciclopédico
Así, por exemplo, utilicei como espazo sobre o que organizar a información un escritorio de Windows clásico e recreei a súa evolución do windows 98 ao XP e ao 10, segundo o video-ensaio avanza cronolóxicamente no tempo.
O resultado é esta obra que perdurará no tempo pola súa indubidable importancia histórica e documental.