CAMPAÑA DO CEXEF
Píldoras informativas - Motion graphics, animación e edición
Dende o Centro de Estudos de Xénero e Feministas da UDC encargáronme cinco pezas para unha campaña co fin de concienciar ao alumnado e ao público xuvenil en xeral dos perigos de certas prácticas nas redes sociais. Cada peza abrangue unha práctica ou un fenómeno sobre os cales cumpriría ter a maior das precaucións: o sexting, a sextorsión, a violencia de xénero dixital, o troleo de xénero e o ciberflashing.
Co obxectivo de crear unha lectura fluida e o máis dinámica posible, establecimos un estilo visual consistente en ilustracións sinxelas e texto, cunha paleta de cores cálidos e saturados e cun acabado moi texturizado, onde a importancia visual recae sobre a animación, o fluxo de movemento e as entradas e saídas dos elementos na pantalla.
.png)
.png)
.png)
.png)
.png)